1. INICIO
  2. Autores
  3. XOÁN ABELEIRA
Avatar de XOÁN ABELEIRA

XOÁN ABELEIRA

Maracay , 1963
6 títulos
0 seguidores

Xoán Abeleira Álvarez, nado en Maracay (Venezuela) o 24 de xuño de 1963, é un poeta, narrador, xornalista, cantante-compositor, tradutor, ensaísta, fotógrafo e artista plástico galego.

Fillo de emigrantes galegos, en 1963 a súa familia volta a España, instalándose en Madrid, onde Abeleira inicia a súa andaina como poeta, narrador, tradutor, músico, xornalista e crítico literario.

En Madrid publica os seus primeiros poemarios Umbral del Centinela/La piel iluminada (Olifante, 1997), volume dobre nomeado ós premios Ícaro de Literatura do Diario 16; Identidades (Hiperión, 1998); e Nueve motivos para un obsequio (Mandala, 2001), unha obra realizada canda a pintora brasileira de sumi-e Lourdes Parente. En Madrid estréase tamén como autor de literatura para nenos, coa serie Las aventuras de Nunavut, pola que é elixido “autor do mes” na revista CLIJ.

Alí estuda teatro con José Carlos Plaza e William Layton, dirixe unha montaxe baseada en dúas pezas curtas de Tennessee Williams (Querencia, estreada no Teatro del Mercado de Zaragoza), crea un grupo musical (La República, con disco homónimo), traballa como xornalista (Cuadernos Hispanoamericanos, El Urogallo, Diario 16, El Público) e como guionista na TVE.

Cantante e compositor do grupo La República, cun disco homónimo editado por Grabaciones Accidentales, 1988, producido por Suso Saíz.

Libros de XOÁN ABELEIRA

Un día de caza
Un día de caza
O nacemento de Nunavut
O nacemento de Nunavut
O caribú namorado
O caribú namorado
Sedna, a deusa do mar
Sedna, a deusa do mar
Pan de ánimas
Pan de ánimas
A pegada de Man
A pegada de Man

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego