José Ignacio Vidal Portabales, nado en Santiago de Compostela en 1958, é un profesor e escritor galego.
É doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese El Contrato de patrocinio publicitario en el derecho español (1997), dirixida por Manuel José Botana Agra. É profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Ten publicado artigos de temática xurídica nas Actas de derecho industrial y derecho de autor, Revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela e Revista galega de economía.
e descubre todas as novidades do libro en galego