1. INICIO
  2. Autores
  3. FRANCISCO SOUTO BARREIRO
Avatar de FRANCISCO SOUTO BARREIRO

FRANCISCO SOUTO BARREIRO

A Coruña , 1962
4 títulos
0 seguidores

Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017, foi un escritor e político galego.

Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Realizou ilustracións para diversos libros e participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Dende esta asociación promoveu o Certame de poesía erótica Illas Sisargas e foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, selo que publica as obras gañadoras do certame e, ocasionalmente, outros títulos de poesía ou catálogos das exposicións organizadas pola asociación. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato do BNG en Malpica de Bergantiños e foi elixido concelleiro. 

Morreu o 30 de marzo de 2017 cando traballaba como percebeiro nas proximidades de Santa Mariña de Razo (Carballo).

Libros de FRANCISCO SOUTO BARREIRO

Lugar de incendios
Lugar de incendios
Amar non ten laranxas
Amar non ten laranxas
As árvores do incesto
As árvores do incesto
Crebar criistais coa lingua
Crebar criistais coa lingua

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego