1. INICIO
  2. Autores
  3. ISABEL BLANCO
Avatar de ISABEL BLANCO

ISABEL BLANCO

Vigo , 1962
8 títulos
0 seguidores

Isabel María Blanco Franco, nada en Vigo o 10 de marzo de 1962, é unha avogada e escritora galega, máis coñecida como Isabel Blanco ou Isabel Blanco-Rivas (en honor ao seu avó).

Estudou dereito na Universidade de Granada e exerceu en Vigo desde 1989 como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

Exerceu a docencia na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e colaborou coa Casa da Muller de Vigo e os centros de Información da Muller de Mos e Ponteareas. No eido da avogacía participou en: Curso de Victimoloxía da Universidade de Educación a Distancia (1996), Curso Xurídico sobre Aspectos do Código Penal do Instituto de la Mujer (1997), Curso “ A Administración Local na Unión Europea. A Unión Europea e as Entidades Locais “ do Concello de Vigo (1997), Curso sobre “ Dirección e Animación de Equipos de Traballo” na Escola Galega de Administración Pública (1998), Curso de Extranxería do Colexio de Avogados de Vigo (2016).

Súa foi a idea, creación e textos da mostra Rompe, xoga en igualdade (2018). Con Irene Silva creou a exposición de poesía visual Amores que matan non son amores (2018). O director de coros vasco Javier Busto compuxo música para tres poemas seus: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).

Libros de ISABEL BLANCO

AS RECEITAS DE ROSAURA
AS RECEITAS DE ROSAURA
ROSAURA E O MAR
ROSAURA E O MAR
MARIA VINYALS
MARIA VINYALS
Galegas nas artes
Galegas nas artes
Bambú
Bambú
Verbas cum
Verbas cum
ROSAURA, CESTEIRA DE MONDARIZ
ROSAURA, CESTEIRA DE MONDARIZ
Galegas na música
Galegas na música

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego