1. INICIO
  2. Autores
  3. ANXO TARRÍO VARELA
Avatar de ANXO TARRÍO VARELA

ANXO TARRÍO VARELA

Santiago de Compostela , 1945
5 títulos
0 seguidores

Anxo Tarrío Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1945, é un filólogo e profesor galego. Foi catedrático de filoloxía galega e portuguesa, na especialidade de literatura galega, na Universidade de Santiago de Compostela.

Estudou Mestría Industrial, Maxisterio e Filoloxía Románica na Universidade compostelá, e doutorouse cunha tese sobre a novelística de Benito Pérez Galdós na Universidade de Oviedo. Impartiu docencia de lingua española, lingüística xeral, crítica literaria e Teoría da Literatura nos colexios universitarios de Lugo (1973-78) e Vigo (1978-81). En 1981 incorporouse á Universidade da súa cidade natal como profesor de Literatura Galega. Dirixiu a sección de literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ata a súa xubilación en 2017.

Colaborou con artigos na prensa diaria galega en medios como El Correo Gallego, O Correo Galego, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.

Libros de ANXO TARRÍO VARELA

Alvaro cunqueiro ou os disfraces da melancolia
Alvaro cunqueiro ou os disfraces da melancolia
Bases Metodoloxicas Para Unha Historia Comparada Das
Bases Metodoloxicas Para Unha Historia Comparada Das
Dia Das Letras Galegas 2015: Xose Filgueira Valverde
Dia Das Letras Galegas 2015: Xose Filgueira Valverde
Dia Das Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño
Dia Das Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño
Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica
Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego