1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > ANA RODICIO VILA
Avatar de ANA RODICIO VILA

ANA RODICIO VILA

1 títulos
0 seguidoras
Ana Rodicio Vila naceu en Ourense en 1985. Desde cativa amosou grande interese pola lectura, que foi desenvolvendo grazas aos exemplares que collía da biblioteca municipal do seu barrio e do bibliobús que visitaba o seu colexio. Influenciada por unha das súas mestras, animouse a escribir pequenos relatos, escollendo o galego pola súa sonoridade. En 2001, cursando 4º da ESO, participou no concurso Entre Nós, da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e acadou o 3º premio de poesía e o 3º premio de relato curto. Facendo realidade o seu soño, realizou os estudos de Mestra de Educación Primaria na Universidade de Vigo, que ampliou coa licenciatura en Psicopedagoxía. Ademais, ao tempo, formouse como monitora de Ocio e Tempo Libre, desenvolvendo parte da súa faceta creativa como contacontos e animadora. Actualmente exerce como Mestra de Educación Primaria, sendo a vida cotiá co alumnado fonte de inspiración para esta a súa primeira novela.

Libros de ANA RODICIO VILA

VIDA EN REDE
VIDA EN REDE
ANA RODICIO VILA
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.