Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Chus Álvarez (A Coruña, 1977) é licenciada en Filoloxía Inglesa e Técnico Superior en Educación Infantil. Tamén diplomada en Arte Dramática e Máster en Estudos Avanzados de Teatro, leva máis de vinte anos dedicada á docencia teatral e á interpretación, traballando como actriz de teatro, audiovisual e dobraxe, e tamén como locutora de publicidade. Ademais, é narradora oral, en activo desde 2003. Escribe desde ben cativa e ten un bonito pasado como auxiliar de biblioteca.