Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Klaus Ebner naceu en Viena en 1964 e vive coa súa familia en Schwechat (Austria). Na década de 1980 estudou filoloxía románica e alemá. Escribe prosa breve, relatos, novelas e ensaios, así como poesía en catalán e alemán.
Recibiu o Wiener Werkstattpreis 2007, o segundo premio do concurso de prosa breve da Asociación Austríaca de Escritores e Escritoras en 2010 e o premio catalán Premi de Poesia Parc Taulí 2014.