Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Laura Piñeiro Pais (Cangas do Morrazo, 1991) é docente de secundaria e bacharelato en Cangas, a súa vila natal, onde desenvolveu a súa paixón por contar historias. É graduada en Estudos de Galego e Español, con especialidade en lingua e literatura galegas, pola Universidade de Vigo e posgraduada en Estudos Literarios pola Universidad Complutense de Madrid. Foi bolseira de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia, e no Servizo de Publicacións do Consello da Cultura Galega. No eido da investigación, é autora de diferentes edicións e artigos sobre literatura galega, sobre os que disertou en congresos e coloquios nacionais e internacionais.
Entre os seus traballos destaca a edición da peza teatral «O cacique», de Leopoldo Rojo Iglesias, publicada en 2020 pola Xunta de Galicia.
No ámbito da ficción literaria, «A eterna estación» (Xerais, 2027) (finalista do XVIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil) é a súa primeira novela.