Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Teresa García-Sabell Tormo (Santiago de Compostela,1942). Licenciada en Filoloxía Francesa pola Universidade Complutense de Madrid e doutora pola de Santiago, onde desenvolveu a súa carreira académica como profesora de Historia da Lingua Francesa, foi ademais profesora contratada, Maître de conférences, na Universidade de Borgoña (Dijon). Conta con publicacións ao redor da gramática histórica, léxico medieval e sobre a dificultade da traducción dos textos medievais á lingua actual.