1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > XOSÉ MANUEL DASILVA
Avatar de XOSÉ MANUEL DASILVA

XOSÉ MANUEL DASILVA

2 títulos
0 seguidoras
Xosé Manuel Dasilva (Vilagarcía de Arousa, 1962) é catedrático na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Publicou numerosos estudos relativos aos ámbitos galego e lusobrasileiro. Foi comisario da exposición Editar en galego baixo a censura franquista e co-comisario de Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia. Na revista Grial difundiu, entre outros traballos, “Ramón Piñeiro e a prohibición de traducir ao galego” (179, 2008), “Ramón Piñeiro e o Cancioeiro de Pokorny. Anatomía dun certame de tradución” (185, 2010), “Los miedos, de Eduardo Blanco Amor, condenada pola censura” (236, 2022), “Galaxia censurada: Elipsis e outras sombras de Xosé Luís Méndez Ferrín” (246, 2025) e “O percorrido editorial dunha novela. Limiar para O silencio redimido” (247, 2025). Ademais, deu á luz os libros Ramón Piñeiro, tradutor (2009) e Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949 (Galaxia, 2011). Levou a cabo as edicións das obras de Eduardo Blanco Amor coa recuperación dos textos fanados pola censura, A esmorga (Galaxia, 2012) e Xente ao lonxe (Galaxia, 2014).

Libros de XOSÉ MANUEL DASILVA

OS LIBROS CENSURADOS POR FRANCO
OS LIBROS CENSURADOS POR FRANCO
XOSÉ MANUEL DASILVA
0 0 valoracións
CAMÕES EN GALICIA
CAMÕES EN GALICIA
XOSÉ MANUEL DASILVA
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.