Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción. Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois…
Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción. Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de seu. ┴ Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera. O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido. Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos: as contradicións, a crise de identidade, a anomía. Gabancioso desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras, policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano, cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza? e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións, pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén nos zuga, engole, uniformiza e escraviza. Lois Diéguez fende tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Lois Diéguez, Monforte de Lemos, 1944. Narrador, poeta e ensaísta cunha longa militancia de compromiso con Galicia, estudou bacharelato na súa cidade natal e fíxose enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerce na actualidade no Concello de Lugo. Colabora habitualmente en revistas e xornais da nosa terra así como en diversos proxectos socio-culturais. Foi deputado polo BNG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego. En narrativa publicou ``A Torre de Babel´´ (1968), ``O tempo sen saída´´ (1972), ``Galou Z-28´´ (1976), ``A canción do vagabundo´´ (1986), ``Artusa´´ (1989), ``Monólogos do espello´´ (1993), ``Tres sombras góticas e unha rosa´´ (1995), ``Henriqueta na galería´´ (1997), ``Viaxe ás terras encantadas de Lemos´´ (1999) e ``A casa de Galiaz´´ (2003). É tamén autor dos poemarios Albre de esperanza, Cancións para un agromar branco e azul, O ferro dos días e Onfalos. Entre os premios que recibiu figuran os dos Xogos Florais de Monforte de Lemos e o Colexio Minerva de Santiago, e os de novela da Casa de Galicia de Bilbao (1975) por ``Galou Z-28´´ e Blanco Amor de 1986 por ``A canción do vagamundo´´.