Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces…
Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz. Imaxina… Ou non, non imaxines, emite tan só unha palabra, varias, unha frase: eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes vontade. Fala, sente. Daquela, esta é a túa salvación, a túa liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nós mesmos. Ser humanos. Ser galegos e galegas; cidadáns, así, do mundo. Le, pois, as personaxes de As voces amadas para sentirte, coma eles, libre ou escravo, ou diferente, e crear saíndo das regras da propia novela ou sociedade, aquelas aventuras que sempre pensaches, as que nunca fuches quen de conseguir agarrar coas túas mans, co propio cerebro enferruxado. Quizais. Vive, pois, por ti mesma, acaso de xeito distinto, estes personaxes de As voces amadas. Sé ti mesmo, sé ti mesma, na recreación. E, despois, se queres, falamos.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Lois Diéguez, Monforte de Lemos, 1944. Narrador, poeta e ensaísta cunha longa militancia de compromiso con Galicia, estudou bacharelato na súa cidade natal e fíxose enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerce na actualidade no Concello de Lugo. Colabora habitualmente en revistas e xornais da nosa terra así como en diversos proxectos socio-culturais. Foi deputado polo BNG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego. En narrativa publicou ``A Torre de Babel´´ (1968), ``O tempo sen saída´´ (1972), ``Galou Z-28´´ (1976), ``A canción do vagabundo´´ (1986), ``Artusa´´ (1989), ``Monólogos do espello´´ (1993), ``Tres sombras góticas e unha rosa´´ (1995), ``Henriqueta na galería´´ (1997), ``Viaxe ás terras encantadas de Lemos´´ (1999) e ``A casa de Galiaz´´ (2003). É tamén autor dos poemarios Albre de esperanza, Cancións para un agromar branco e azul, O ferro dos días e Onfalos. Entre os premios que recibiu figuran os dos Xogos Florais de Monforte de Lemos e o Colexio Minerva de Santiago, e os de novela da Casa de Galicia de Bilbao (1975) por ``Galou Z-28´´ e Blanco Amor de 1986 por ``A canción do vagamundo´´.