1. INICIO
  2. Libros
  3. MALETA OS BOLECHAS
MALETA OS BOLECHAS

MALETA OS BOLECHAS

Pepe Carreiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
BOLANDA
Idioma
GALEGO
EAN
9781800100015
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Pepe Carreiro

Ver autor

Xosé Carreiro Montero, máis coñecido como Pepe Carreiro, nado en Vigo en 1954, é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, coñecido por ser o creador da serie infantil Os Bolechas.

Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudio propio dende os anos 90.

Foi fundador das revistas Can sen Dono e XO! "a voz que para a bestas"; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza); e publicou viñetas e tiras en medios como A voz do Pobo (na sección "O fillo de Breogán"), Teima (na sección "O galo Camilo"), l La Codorniz, Mundo Obrero, El Pueblo Gallego ("O galo Camilo"), Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico"), Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro del Lunes ("Canal privado"), Televisión de Galicia ("O anano do tesouro"), El Correo Gallego, ("O galo Camilo"), A Peneira ("Robinsón"), El Mundo, A Trabe de Ouro, Tempos novos, kkrak.net, Novas de Galiza, Retranca e Xornal de Galicia.

Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore; ademais de varias páxinas en medios como Faro de Vigo, A Nosa Terra, Enclave, BD ou as fundadas por el como Can sen Dono e Xo!

Tamén é súa a serie Os Formigón (A Nosa Terra); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións Contos do Miño (A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore (Galaxia) e A chalupa (Galaxia). Tamén publicou en Sotelo Blanco, Ir Indo, Pearson Education, Macmillan, EDB, Rodeira etc.

Pero o maior éxito como debuxante, ilustrador e escritor foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Márketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión, etc.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Pepe Carreiro

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego