Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005).
Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela, e «»Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025).
Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Unha serie de asasinatos sumerxe ao investigador Mateo Romano na aldea de Rebordechao a través da cal Pedro Feijoo xoga reais da Galicia máis negra para cuestionar quen son os asesinos reais: Os veciños que calan? a sociedade excluinte? a necesidade da xente do rural que leva a cometer actos impensables? O entramado empresarial/político que se aproveita do rural? Pero tanto enredo fixo que me desconectara por momentos da atmosfera misteriosa do mito quedándome coa sensación de que "menos, sería máis".
e descubre todas as novidades do libro en galego