Os Monki son unha familia extremadamente intelixente, pero sen pistas de sentido común. Cada vez que enfrontan problemas sinxelos, deciden resolvelos da forma máis complexa.
Paula Merlán naceu en Vigo, no ano 1979. É escritora, mestra de Educación Primaria e Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Actualmente, compaxina a docencia coa escrita.
Publicou numerosos títulos de Literatura infantil, algúns dos cales foros traducidos a varios idiomas. Entre a súa obra en galego destacan os libros: Lúa Escusas, Canta Contos de Nadal, Uxía e o Mar, Ei, ti! Dinosaurízate, O dedo no nariz, A rede de Inés (seleccionado pola OEPLI no 2022), A Troglodita (que xa vai pola terceira edición), Enga, unha bruxa prehistórica, Era outra vez, Asali e a lenda do baobab, As aloucadas historias dos Monki, Pequeno botón, Xa non son malo, Un trevo para Xulieta, A pantasma Cocociñas e Moranda.
e descubre todas as novidades do libro en galego