O traxe tradicional confórmase a finais do século XVIII por parte das clases populares, fronte á aristocracia e burguesía que seguían as pautas sinaladas polas modas estranxeiras. O seu desenvolvemento coincide coa Revolución Francesa, unhas das épocas máis convulsas da historia da humanidade, ao
Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.
Exerce o labor docente ata 2012. Participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (A Lanzada, Porta de Arcos-Rodeiro, Pipín-O Hío etc.) con Francisco Fariña Busto, e traballos etnográficos de campo en Galicia e León con Xosé Manuel González Reboredo.
É membro da sección de Arte Popular, do padroado e da xunta reitora -secretario, 1992-1997- do Museo do Pobo Galego; da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega.; do Instituto de Estudios Tudenses; do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego; vogal suplente da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega etc. Pertenceu á sección de Etnografía e Folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (secretario, 1984-1994) e á “Fundación Pro–Patrimonio de Rois”, e foi representante do Consello da Cultura Galega na Comisión Técnica de Etnografía órgano asesor da Consellería de Cultura e Deporte.
Formou parte do equipo asesor do consello consultivo da Enciclopedia Galega Universal, e foi asesor e colaborador da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, coordinador das coleccións “Os nosos humoristas” de Ed. do Castro, e “Raizame” de Ir Indo Edicións, e desde 2013 é director adxunto e coordinador da Editorial Toxosoutos.
e descubre todas as novidades do libro en galego