Aquel Cerdedo louzán das cinco mil almas, das tres bandas de música e dos dous equipos de fútbol avellentou mal. Aquel vizoso Cerdedo preditatorial encama hogano a súa osame maltreita. A súa faciana amosa os efectos irreversíbeis dunha dieta pobre en calcio e as consecuencias dunha histérica e
Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de Historia e Lingua Galega en Vigo.
Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Participou no X e no XXIV Festival da Poesía no Condado, en 1990 e 2010. En 2010 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.
e descubre todas as novidades do libro en galego