Matilda é unha lectora empedernida e só ten cinco anos. Sensible e intelixente, é admirada por todos agás polos seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, posúe poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e comeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull.
Roald Dahl (1916-1990) cando estalou a Segunda Guerra Mundial incorporouse como piloto de combate á Forza Área británica. Un accidente aéreo retírao do servicio e permítelle dedicarse á creación literaria. Novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, a súas obras para nenos convertérono nun dos autores máis lidos do século XX.
Parte da súa obra de literatura infantil está traducida para o galego: "Charlie e a fábrica de chocolate" (Xerais, 2005),"Charlie e o grande ascensor de cristal" (Xerais, 2005), "As bruxas" (Xerais 1989, 2003), "Danny, o campión do mundo" (Xerais 1989, 2003), "Iago e o pexego xigante" (1990); "Matilda" (1993), "O dedo máxico" (1996) e "A marabillosa medicina de George" (Xerais 2004).
e descubre todas as novidades do libro en galego