Viaxe clandestina en barco, soidade, buscar comida no lixo, durmir en albergues, estar separado dos seus... Por sorte, Adar faise amigo dun can extraviado. Nese momento todo empeza a cambiar. E, a medida que vai resolvendo o enigma da misteriosa marioneta que lle aparece no peto, as novas amizades
Xoán Babarro González, nado en Calvelo (Zorelle, Maceda) o 23 de decembro de 1947, é un escritor e lingüista galego.
Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras, ingresando no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente até 1971, data en que se trasladou a Galicia.
É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008 foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego