Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario.
En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero.
A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. En 2023 publica o álbum de aprendizaxe temperá «Moita froita!». Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.
e descubre todas as novidades do libro en galego