Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que o queren
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021) ou «Trece avisos. Contos para ler pola noite» (Xerais 2022).
Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; «Somos os monstros» (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, ou «Wombo Combo» (Xerais 2023). Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006) e o texto teatral «As alumnas» (2022), que a fixo merecedora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
e descubre todas as novidades do libro en galego