Cada un de nós é único e especial. Con este caderno non só descubrirás cales son os teus superpoderes, senón que porás en práctica moitos máis. Atréveste a empezar?
Susanna Isern ( La Seu d'Urgell, 1978) é unha escritora e psicóloga catalá.
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona e especializada en psicoloxía clínica pola Universidade Complutense de Madrid , foi terapeuta e profesora universitaria durante máis de dez anos, ata que decidiu dedicarse unicamente á escritura. Publicou cen libros en español de literatura infantil e xuvenil que foron traducidos a máis de dez idiomas. En 2021 publicou o seu primeiro libro de non ficción, Mapa per educar nens felices.
e descubre todas as novidades do libro en galego