Crónica da Galiza bizarra reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina
Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de Historia e Lingua Galega en Vigo.
Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Participou no X e no XXIV Festival da Poesía no Condado, en 1990 e 2010. En 2010 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.
e descubre todas as novidades do libro en galego