Mar de Chocolate non vén nos mapas, pero o primo de Nicolás presume de ter a pel tinguida da cor da súa auga. A Rónal adoptárono os tíos de Nicolás, porque os seus primeiros pais non o podem atender; eles traballan repartindo soños de porto en porto nun barco que só se detén nas praias que
Xoán Babarro González, nado en Calvelo (Zorelle, Maceda) o 23 de decembro de 1947, é un escritor e lingüista galego.
Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras, ingresando no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente até 1971, data en que se trasladou a Galicia.
É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008 foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego