A edición deste libro supón a reunión de materiais esenciais para descubrir e analizar o pensamento político de Castelao, que en boa parte se atopaban inéditos. O libro conta cunha extensa introducción dun cento de páxinas a cargo de Henrique Monteagudo. O seu contido estructúrase en "Palestras de
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial. O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.
e descubre todas as novidades do libro en galego