Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Agarda. Si, ti, agarda. Quen es? Podes ler esta historia? Es de corazón nobre e xeneroso? Nas túas mans non tes un libro, senón O LIBRO. Nos teus ollos non aniñan letras, senón estrelas e luces máxicas. No teu espírito non pode ter cabida máis ca a paz e o amor. E a única maneira de penetrar nesta
Agarda. Si, ti, agarda. Quen es? Podes ler esta historia? Es de corazón nobre e xeneroso? Nas túas mans non tes un libro, senón O LIBRO. Nos teus ollos non aniñan letras, senón estrelas e luces máxicas. No teu espírito non pode ter cabida máis ca a paz e o amor. E a única maneira de penetrar nesta historia. Só quen mereza este privilexio ten dereito a el. Se ti es así, adiante. Se non, non sigas. Preguntaraste quen son eu para falarche deste xeito. Tes dereito a saberlo. O meu nome é Merlín. Din que son mago. Pero a miña verdadeira maxia é coñecer a alma humana. Algo nada sinxelo. Eu podo navegar por todas as almas de cantos coñecín, conexo...ou coñecerei. Coma ti, se les isto. Isto sucedeu nun tempo do que xa non existen apenas datos. Perdéronse cos anos, devorados pola tolemia humana, a rapidez e a vertixe que nos conducen sempre cara ao futuro, do que é imposible escapar. Estouche a falar duna época pasada, tan remota como poidas imaxinar, pero tamén tan próxima como desexes, porque as grandes lendas, ao cabo, non teñen idade. Foi un tempo de loitas e conquistas, cando o mundo se forzaba con empeño e coraxe. Foi un tempo de elfos e dragóns, pero dos de verdade, antes de que se extinguisen. Foi un tempo de princesas auténticas e cabaleiros tocados polo halo da gallardía. Non quero falarche máis. Se chegaches ata aquí, sei que xa non deixarás de ler, nin te botarás atrás, nin tremerás co medo. Albisco en ti un corazón xeneroso. Sinto o teu pulso acelerado. Percibo a vertixe que xa te domina. Iso é bo. Esa é a chave. Non se pode ler O LIBRO sen formar parte del. Aguanta, pois, a respiración. Estás a piques de penetrar nun mundo único do que xa non poderás escapar
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
JORDI SIERRA I FABRA nació en Barcelona, en 1947. Empezó a escribir a los ocho años y a los doce decidió que su vocación era ser novelista. Sin embargo, seducido por la música rock, inició su andadura profesional como director de algunas de las revistas musicales más influyentes en España (Disco Express, Popular 1, etc.). Ha publicado más de sesenta libros de historia y biografías de artistas del rock, y simultáneamente ha cultivado todos los géneros literarios: relatos infantiles, novela juvenil y de adultos, ciencia ficción, humor, poesía, guiones de películas… Sus obras no sólo han obtenido los más prestigiosos galardones, como el Premio Néstor Luján de novela histórica, el Villa de Bilbao, el Ateneo de Sevilla, el Premio EDEBÉ, Columna, Premio Nacional…, sino que también han sido llevadas a la pantalla. Es un viajero incansable y trabaja sin descanso. Actualmente dirige la Fundació Jordi Sierra i Fabra (en Barcelona) y Taller de Letras (en Medellín), para potenciar la vocación literaria entre los jóvenes escritores.