O sorriso deste conto ten ás e voa dun corazón a outro, dando ledicia a quen está triste, ánimo a quen se sinte decaído... Un relato inzado de figuras literarias que rezuma optimismo e ledicia en cada unha das súas liñas. Daniela irradia gañas de vivir a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño
Carmen Gil naceu en La Línea de la Concepción (Cádiz). Pasou a súa nenez e parte da súa mocidade entre temporais de levante e de poñente, e agora vive na cidade máis antiga de Occidente. Carmen leva bastantes anos dedicada ao ensino e a escribir para nenos.
Para eles, e con eles, fixo un pouquiño de todo: teatro, monicreques, contacontos, talleres de danzas do mundo… e ata algo de maxia! Tamén dá cursos de poesía e charlas sobre animación á lectura para mestres. Pero o que máis lle gusta é xogar coas palabras, por iso dedícase a escribir libros tan inesquecibles como o imprescindible 'Un conto para cada letra' (2020). Ten máis de cen libros publicados, traducidos a máis de 15 idiomas, e gañou numerosos premios en recoñecemento á súa obra.
e descubre todas as novidades do libro en galego