O esquío estaba marabillado. Correu dun lado para outro no céspede mol, gabeou polas árbores rozándose cos gromos e, dende o máis alto, chamou os demais esquíos: «Saíde, axiña, chegou a primavera»... “As catro estacións”, de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena, 1741), é unha das mellores
José Antonio Abad Varela, nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil en galego.
Estudou psicoloxía na Universidade de Sevilla e pedagoxía en Italia. Traballou como psicólogo infantil en Andalucía e foi presidente da Asociación de Escolas Infantís de Andalucía, e logo de volver a Galicia desenvolveu o seu labor profesional nos servizos sociais do concello da Coruña, dirixindo o Departamento de Programas de Divulgación da Música entre 1992 e 2005 .É autor de libros infantís dedicados á divulgación da música clásica.
e descubre todas as novidades do libro en galego