O Bolero é a obra máis famosa e interpretada de Maurice Ravel, a quen llo encargou a bailarina e mecenas rusa Ida Rubinstein, icona da belle époque. Considerado un exercicio depurado de virtuosismo orquestral, estreouse en París en 1928, na ╙pera Garnier. José Antonio Abad traza, a partir desta
José Antonio Abad Varela, nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil en galego.
Estudou psicoloxía na Universidade de Sevilla e pedagoxía en Italia. Traballou como psicólogo infantil en Andalucía e foi presidente da Asociación de Escolas Infantís de Andalucía, e logo de volver a Galicia desenvolveu o seu labor profesional nos servizos sociais do concello da Coruña, dirixindo o Departamento de Programas de Divulgación da Música entre 1992 e 2005 .É autor de libros infantís dedicados á divulgación da música clásica.
e descubre todas as novidades do libro en galego