Ninguén dorme é un vómito, un ouveo. Quere falar do que doe, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo, o corpo como prisión, como condena. A imposible comunicación, a mentira da parella, os medos, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil, a muller, o
Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora, tradutora e investigadora da literatura galega.
Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, dirixida por Basilio Losada. Profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal, A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, logo de ser anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.
Ademais de escritora, ten traballado en tradución. Canda catro tradutores máis (Marisol Arbués, Mercè Burrel, Marc Parayre e Hermes Salceda) realizou a versión ao castelán do Secuestro, a novela de Georges Perec onde non existen palabras que conteñan a letra e (na versión española, que non conteñan a letra a), que lle valeron ao equipo o Stendhal de tradución do francés ao castelán (1998) e seren finalistas do Nacional de Tradución.
e descubre todas as novidades do libro en galego