"O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente…
Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora, tradutora e investigadora da literatura galega.
Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, dirixida por Basilio Losada. Profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal, A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, logo de ser anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.
Ademais de escritora, ten traballado en tradución. Canda catro tradutores máis (Marisol Arbués, Mercè Burrel, Marc Parayre e Hermes Salceda) realizou a versión ao castelán do Secuestro, a novela de Georges Perec onde non existen palabras que conteñan a letra e (na versión española, que non conteñan a letra a), que lle valeron ao equipo o Stendhal de tradución do francés ao castelán (1998) e seren finalistas do Nacional de Tradución.
Canto hai de nós mesmas sen a proxección de quen nos dou a vida? Cantas desas feridas sen sandar levamos ás costas das nosas mochilas? Cantas delas depositamos nas nosas fillas? Influenciada por autoras como Badinter, Vega deconstrúe a propia maternidade, para transformarse na creadora da súa propia realidade. Estruturado en forma de diario, a autora escribe sobre o proceso de dó ante a partida da filla. Coma se dunha amputación se tratase, exploramos o tempo marcado polo síndrome do niño baleiro. O percorrido da comezo un día de setembro, onde debulla o propio estilo de crianza. Un exercicio introspectivo sobre a relación materno-filial, afondando nas feridas proxectadas como fendas de transmisión xeracional. Da perda da propia identidade, da autonomía e individualidade, que pouco a pouco se rexenera a medida que o desapego vai facendo sitio. Un proceso de certa complexidade. Rexina Vega comparte de forma visceral, pero cun grande lirismo poético, os medos, a culpa, a vergoña que emerxe dos suburbios da maternidade. Con suma honestidade, mirándose ao espello que lle devolve o seu reflexo (pero sen faltar á sensibilidade) faise eco da palabra consciente, que vai deixando pouso neste proceso de xestación á inversa. Un libro que releo e que precisarei ler cada pouco, que me acompañará ate a partida, da filla. Voarás, paxariño.
e descubre todas as novidades do libro en galego