Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do país, onde descobre a forte pegada da emigración galega, a partir da que ficciona os personaxes que lle son próximos. En Tempo Novo ambienta os seus relatos neste período de cambio que se
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego