Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch. Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa,
Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch. Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo. A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos. Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión. Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor. Hai días que Fermín non ve a lúa chea por mor das nubes e a chuvia. Sen a lúa non pode conseguir un ouveo digno dun lobo de primeira división. Será quen de conseguilo antes de que se faga de día?
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Enric Lluch nació en Algemesí. (Valencia). Es licenciado en Historia por la Universidad de Valencia. Actualmente pasa la mayor parte del día entre niños del colegio en el que trabaja. Escribe un poco de todo, pero lo que más le gusta son los cuentos y el teatro para niños. De vez en cuando, algunas personas muy cultas e ilustradas le han concedido varios premios literarios, como el Jaume I, el de Narrativa corta l´Alcúdia, el Vicent Jacinto Pérez...