1. INICIO
  2. Libros
  3. A PANTUFLA DE CELIA
A PANTUFLA DE CELIA

A PANTUFLA DE CELIA

Concha Blanco
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

No andel dunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca. As persoas pasan e mírana, pero apenas fanlle caso... Ata que un día entra Celia e se namora das súas manchas negras e brancas. Pero, fatalidade! as zapatillas son parella e non se venden dunha nunha! Conseguirá Celia finalmente a súa

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
HÉRCULES DE EDICIONES
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4927-1597-8
EAN
9788492715978
Formato
TAPA DURA
Avatar

Concha Blanco

Ver autor

María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950, é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega, xa xubilada. Dende o comezo da súa actividade editou libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.

Con 6 anos comezou os estudos na escola local e aos 10 anos trasladouse a Ferrol para cursar Bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor docente empezou na Escola de Nemiña (Muxía). Logo pasou ás localidades do Ézaro (Dumbría), Brens (Cee), Dumbría (Dumbría) e Cee, onde impartiu clases no CPI Eugenio López coma mestra de lingua e literatura galega e no IES Agra de Raíces como profesora de lingua galega e literatura.

É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria ademais das correspondentes guías didácticas. Foi correspondente de prensa durante varios anos e colaborou cos seus alumnos en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de formación do profesorado e Xornadas da Nosa Lingua.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Concha Blanco

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego