O Carliños é un neno pequerrecho e baixiño que só ten ollos para a Inés. Non obstante, ela, unha rapariga alta e guapa que atrae todas as olladas, nunca o ve. El fai todo o que está ao seu alcance para facerse notar, pero non hai maneira: para a Inés é coma se el non existise. A esperanza chégalle
Son narradora e escritora. Nacín nun pequeno pobo da provincia de Toledo. É un lugar de conto. Ten un castelo, coas súas torres e almeas, o seu foso, uns enormes muros que baña o río e, como non, pantasmas, pasadizos secretos e demais historias que me contaba a miña avoa. Quizais por todo isto, son contista desde sempre.
Aínda que me licenciei en Dereito, o meu camiño torceuse cara ao marabilloso mundo dos contos. Agora estou perdida porque vivo del, e non só porque me dá para vivir, senón porque non podo vivir sen contar: Conto a viva voz e por escrito.
e descubre todas as novidades do libro en galego