1. INICIO
  2. Libros
  3. SO–O (RE)DIRIXIDO
SO–O (RE)DIRIXIDO

SO–O (RE)DIRIXIDO

Vítor Vaqueiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O título parte dunha frase de Jorge Luis Borges referida ao quefacer literario. Percorrendo un camiño que conduce de Aberdeen á Limia, de Uruk a Mondoñedo, de Atila a Pardo de Cela e á raíña Lupa, Vítor Vaqueiro mostra novamente as obsesións que caracterizan a súa obra narrativa e poética: o Tempo,

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2010-06-10
Páxinas
240
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5285-7
EAN
9788498652857
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Vítor Vaqueiro

Ver autor

Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.

Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e despois duns anos (até 1986) de exercicio docente de matemáticas no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades. Foi cofundador do colectivo fotográfico Canbranco e do Centro de Estudos Fotográficos. Entre os anos 2007 e 2011 foi diretor do Arquivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias de Fotografía, Fotoxornalismo, Dirección de Fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os anos 80. O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiron outros. En 1968 (2018) recolle e poetiza as experiencias santiaguesas do ano citado, as asembleas, as manifestacións, a politización da universidade. Uns anos despois ata chegou a pasar varios días detido por motivos políticos.

Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación sobre as festas populares de Galicia. Colaborou con A Nosa Terra, Tempos Novos e Sermos Galiza.

Na presentación de 1968 no Espazo Nemonon de Pontevedra. En 2003 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa tese A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936.

En 2020 recibiu a letra E, de escritor, outorgada pola AELG en Santiago.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Vítor Vaqueiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego