1. INICIO
  2. > Libros
  3. > QUE ME QUERES, AMOR?
QUE ME QUERES, AMOR?

QUE ME QUERES, AMOR?

Manuel Rivas
0 veces listado
Dezaseis narracións que enxergan o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2012-09-19
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5901-6
EAN
9788498659016
Avatar

Manuel Rivas

Ver autor

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.

Valoracións das lectoras e lectores
4.3
3 valoracións

5 estrelas

33%

4 estrelas

67%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Alberto Otero
4

3,5/5 Trátase dun conxunto de dezaseis relatos curtos que exploran con sensibilidade e lirismo temas como o amor, a memoria, a perda, a infancia e a identidade. Entre eles, destaca especialmente A lingua das bolboretas, que foi adaptado ao cine por José Luis Cuerda e que se converteu nun símbolo da tenrura e da represión franquista. Algúns relatos resulten menos memorables que outros. Un pouco irregular.

Outros libros de Manuel Rivas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego