Un mosquito ofrécelle a súa axuda a un ancián que quere descubrir cal é a carne máis saborosa, e liberarse así dunha terrible serpe que o quere papar. A cambio, o vello dálle unha dentadura de ferro para que ningunha vítima se lle resista, pero o agudo insecto utilizaraa para satisfacer a súa
Son narradora e escritora. Nacín nun pequeno pobo da provincia de Toledo. É un lugar de conto. Ten un castelo, coas súas torres e almeas, o seu foso, uns enormes muros que baña o río e, como non, pantasmas, pasadizos secretos e demais historias que me contaba a miña avoa. Quizais por todo isto, son contista desde sempre.
Aínda que me licenciei en Dereito, o meu camiño torceuse cara ao marabilloso mundo dos contos. Agora estou perdida porque vivo del, e non só porque me dá para vivir, senón porque non podo vivir sen contar: Conto a viva voz e por escrito.
e descubre todas as novidades do libro en galego