1. INICIO
  2. Libros
  3. AURORA AUSTRAL
AURORA AUSTRAL

AURORA AUSTRAL

Héctor Cajaraville
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Gañadora do 11º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil por ser, en palabras do xurado, unha Historia de aventuras ambientada nun universo distópico non moi distante do noso, con gran dose de crítica sociopolítica e que busca poñer o foco sobre o modelo de mundo ao que nos diriximos.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
BAÍA EDICIÓNS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4999-5456-1
EAN
9788499954561
Formato
RUSTICA
Avatar

Héctor Cajaraville

Ver autor

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario.

En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero. 

A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. En 2023 publica o álbum de aprendizaxe temperá «Moita froita!». Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Héctor Cajaraville

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego