Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado…
A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada. A estes títulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto. Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958) foi un poeta extraordinario. O seu verso é urbano, vangardista, sobrio, sensible coa xente desamparada e vulnerable, devoto de Rosalía de Castro... Unha poesía que recibiu a influencia do modernismo hispánico, o simbolismo francés ou o grupo español do 27, tal e como nos explica, nas páxinas introdutorias, Claudio Rodríguez Fer. En vida só publicou un pequeno volume, Triscos (1950); postumamente aparecerían Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960), con prólogo de Dámaso Alonso. Exerceu a Medicina sen moita vocación, presente sempre nel a súa alta sensibilidade, e dos seus días no Hospital Provincial de Lugo xorde a excepcional serie poética «Diario de un médico de guardia». A súa obra dispersa e inédita sería reunida en 1981 por Araceli Herrero Figueroa. Nela aparecerá, por vez primeira, a serie titulada «Cunetas».