1. INICIO
  2. > Libros
  3. > SOMBRA DO AIRE NA HERBA
SOMBRA DO AIRE NA HERBA

SOMBRA DO AIRE NA HERBA

LUÍS PIMENTEL
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Na colección Dombate aparece este volume, no que Galaxia recolleu unha serie de poemas de Luís Pimentel destinados a formar un libro, inéditos no momento do seu falecemento en 1958. Os versos de Sombra do aire na herba e Triscos aquí recollidos aparecen precedidos por un limiar escrito para a…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Data publicación
1981-01-01
Páxinas
116
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4715-4393-6
EAN
9788471543936
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
LUÍS PIMENTEL

LUÍS PIMENTEL

Ver autora
Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958) foi un poeta extraordinario. O seu verso é urbano, vangardista, sobrio, sensible coa xente desamparada e vulnerable, devoto de Rosalía de Castro... Unha poesía que recibiu a influencia do modernismo hispánico, o simbolismo francés ou o grupo español do 27, tal e como nos explica, nas páxinas introdutorias, Claudio Rodríguez Fer. En vida só publicou un pequeno volume, Triscos (1950); postumamente aparecerían Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960), con prólogo de Dámaso Alonso. Exerceu a Medicina sen moita vocación, presente sempre nel a súa alta sensibilidade, e dos seus días no Hospital Provincial de Lugo xorde a excepcional serie poética «Diario de un médico de guardia». A súa obra dispersa e inédita sería reunida en 1981 por Araceli Herrero Figueroa. Nela aparecerá, por vez primeira, a serie titulada «Cunetas».
Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de LUÍS PIMENTEL

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego