Hoxe mesmo lin e rematei un pequeno, en páxinas pero xigante en alma, poemario. Levaba dende o 2024 cando lin a Pessoa sen ler nada do xénero. Pero, o ano pasado acabei indo a un recital de poesía no Sindicato do Cómic de Ourense e quedei abraiado. Supoño que era certo o que dicían os clásicos, que a poesía debía ser en alto, cantada e musicada. As poetxs foron acompañadxs ese día de ilustradorxs, creando a imaxe pictorica ou a collage ao son de música e poema. E aló estaba Inma. Algo a seguia xa por Bluesky e coñecía da súa facilidade de palabra, da súa capacidade de facer do aparentemente mundano un verdadeiro espazo de aventuras. As veces dende os contextos urbanos da Galiza olvidase daqueles que seguen a vivir fora das súas lindes. Non son espazos mortos ou con anclas deterninistas do pasado. Son lugares vivos, que queren ser, con persoas como Inma, que buscan habitar o mundo dun xeito propio. Non cansades as veces de esperar por unha revolución futura? Porque non vivir como un quere agora? Porque non intentalo? Aínda coas fendas ou imperfeccións do vivir e as súas mestas tebras que poden ser amigas ou tornarse rivais, Inma abrenós as festras da súa casa, da súa retícula dende observa o mundo, da forma mais honesta. Nela habitan paxaros, sereas, cadelos na noite, vellas carrocerias, plantas, festas, lume, soños...a min devolveume as ganas de volver sumerxirme ou incluso probar a versar tan fermosamente como ela (nin de coña chego a tanto). Dadelle unha oportunidade que estou seguro que vos vai encantar. (quedoume un pouco recomendador de reels ou youtube, pero bue teñan paciencia)
e descubre todas as novidades do libro en galego