1. INICIO
  2. Autores
  3. ALBERTE MOMÁN
Avatar de ALBERTE MOMÁN

ALBERTE MOMÁN

Ferrol , 1976
8 títulos
0 seguidores

Alberte Momán Noval, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1976, é un escritor e enxeñeiro técnico agrícola.

Enxeñeiro Técnico Agrícola, ten colaborado en diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. En maio de 2006 participou nos Dias da Criação celebrados na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En febreiro de 2007 publicou O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 sacou o volume colectivo de poesía A porta verde do sétimo andar, da agrupación do mesmo nome.

Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, editada pola UCM, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

No 2012 botou a andar a editora O Figurante Edicións.

Libros de ALBERTE MOMÁN

A viaxe de Ana
A viaxe de Ana
ARQUITECTURAS
ARQUITECTURAS
K2-18b. Planeta habitado
K2-18b. Planeta habitado
Erótica
Erótica
TRIPAS
TRIPAS
1 [14] 1
1 [14] 1
Baile Atha Cliath
Baile Atha Cliath
NON MARCHES NUNCA
NON MARCHES NUNCA

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego