A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo,…
Acabo de deixarme levar pola suxestiva capa de Oversize, a primeira novela de Marta Boente publicada agora en Galaxia. Oversize é unha novela curta escrita en vinte e un capítulos que recollen os pensamentos de Celeeste, unha dependenta de tenda de roupa que acode a Madrid a realizar unha formación da empresa. Ese traslado pola cidade ata chegar ao seu destino vai facendo que se fixe en cousas, lugares e persoas e que partindo deles teza unha rede firme cos seus recordos, pensamentos e reflexións. A narradora é unha muller deste tempo, que deixou de lado as aspiracións infantís para asumir esta vida que entende mellor cá da inmigrante de lle sorrí cómplice mentres está limpando ou outros empregados con horarios imposibles. Aproveita para debullar críticas ao noso sistema: aos tacóns como parte do dress-code, á dificultade para ter unha familia polas condicións laborais actuais, á compra compulsiva de roupa feita en malas condicións laborais, á xestión da roupa como residuo, ao mundo da oferta permanente, pero tamén se fala do pasado e de como este contrasta co presente. Non é esta unha novela típica pero non me resultou difícil entrar no mundo que nos achega a narradora, con tantas puntadas tan ben dadas sobre a nosa sociedade e mesmo sobre a súa persoa que nos resulta tan recoñecible. Porque, ao fin e ao cabo, "todos somos como personaxes dunha novela" e Celeste é unha muller do seu tempo que, xunto co seu amor pola arte, ten algo que hoxe parece escaso, bastante sentido común e perspectiva para ver o mundo. Só agardamos que non a botasen para atrás ao vela en zapatillas!
e descubre todas as novidades do libro en galego