1. INICIO
  2. Autores
  3. PACO LÓPEZ-BARXAS
Avatar de PACO LÓPEZ-BARXAS

PACO LÓPEZ-BARXAS

Padrenda , 1952
10 títulos
0 seguidores

Francisco López Rodríguez, coñecido co heterónimo Francisco López Barxas, nado en Ponte Barxas (Padrenda) o 24 de abril de 1952, é un escritor, xornalista e crítico galego.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid e viviu nesta cidade durante varios anos, traballando como crítico literario, dirixindo revistas de literatura e tamén como profesor de lingua e literatura española. Publicou en nos xornais Diario Informaciones, El País, El Sol, El Mundo, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Vanguardia e nas revistas Ozono, Nueva Estafeta, Ínsula, Quimera, Leer, Grial, Anthropos, El Ciervo e Album de las Letras y las Artes... Foi redactor Xefe da Revista Argumentos (1978), Director de Publicacións e membro do Consello Reitor da Universidade Antonio de Nebrija.

A comezos da década de 1990 regresou a Galicia para encargarse da dirección do Xornal Diario, un medio editado en Pontevedra que desapareceu en 1992.

En 2000 conseguiu un posto como editor do informativo Bos días, da Televisión de Galicia, traballo no que continuou ata 2003, cando ascendeu ao cargo de redactor xefe de informativos desa cadea. Deixou o posto en 2005. En 2009, logo da vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo, foi designado director xeral de Promoción e difusión cultural, dentro da consellería de Cultura e Turismo. Meses despois, ao reestruturarse as competencias, López Barxas pasou a ser director xeral do Libro, bibliotecas e arquivos, posto no que permaneceu até o seu cesamento en xaneiro de 2012.

Libros de PACO LÓPEZ-BARXAS

Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey
Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey
Sar, Sarela e os monstros de Compostela
Sar, Sarela e os monstros de Compostela
Tom e mix, os cabalos de clara
Tom e mix, os cabalos de clara
HOMES DE PALABRA. CONVERSAS CON ISAAC DÍAZ PARDO E XOSÉ NEIRA VILAS
HOMES DE PALABRA. CONVERSAS CON ISAAC DÍAZ PARDO E XOSÉ NEIRA VILAS
Os tesouros da illa de granellandia
Os tesouros da illa de granellandia
BEN-CHO-SHEY INÉDITO
BEN-CHO-SHEY INÉDITO
A HISTORIA DE RAMÓN
A HISTORIA DE RAMÓN
Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo
Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo
PEDRO, LADRON DE HISTORIAS-GALEGO
PEDRO, LADRON DE HISTORIAS-GALEGO
ESTUCHE XERACIÓN NÓS
ESTUCHE XERACIÓN NÓS

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego