1. INICIO
  2. Autores
  3. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Avatar de ROBERTO VIDAL BOLAÑO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Santiago de Compostela , 1950
8 títulos
0 seguidores

Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia.

Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. 

Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego.

Libros de ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Comic 2132
Comic 2132
Doentes
Doentes
Rastros
Rastros
Saxo tenor
Saxo tenor
Criaturas
Criaturas
A burla do galo
A burla do galo
Daquel abrente
Daquel abrente
(g).touporroutou da lua e do sol
(g).touporroutou da lua e do sol

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego