1. INICIO
  2. > Autores
  3. > CRISTINA SÁEZ CAZALLAS
Avatar de CRISTINA SÁEZ CAZALLAS

CRISTINA SÁEZ CAZALLAS

A Coruña , 1964
3 títulos
0 seguidores

Nace na Coruña en 1964. Contos, poesía, artigos de xornal, relatos, historias para nenos e nenas que son e historias para nenos e nenas que foron.

Realizou estudios de Mestre en Lingua Estranxeira (Inglés) e Educación Musical. Ten 4 anos de Solfeo e Inglés pola Escola de Idiomas. Actualmente, exerce de Mestra de Primaria no colexio Xesús San Luís Romero de Carballo.

Gústalle escribir máis que ningunha outra cousa: contos, poesía, artigos de xornal, relatos, historias para nenos e nenas que son e historias para nenos e nenas que foron. Disfruta do mesmo xeito lendo e aprendendo en cada lectura, que a vida é moito máis do que un ve. É ditosa cando xoga coas súas fillas porque lle permiten achegarse a elas no punto e momento onde a razón non importa, onde as risas son o único que conta. Gústalle mirar o mar alí onde a vista perde o seu poder, onde o ceo acaricia a auga eternamente e gústalle estar coas persoas, falar e escoitar e intentar dar o bo que pode ter no corazón.

O seu comezo como contadora de ideas foi no ano 1993, ano no que gañou a XXVI edición do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho.

Libros de CRISTINA SÁEZ CAZALLAS

O sorriso de Rosalía
O sorriso de Rosalía
Moko
Moko
A casa máis animada do mundo
A casa máis animada do mundo

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego