Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
David Lozano é licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza, máster en Comunicación e con estudos de Filoloxía Hispánica. Ademais de dedicarse á avogacía e á docencia, ocupouse tamén da xestión e da programación cultural, na actualidade, compaxina a escritura coa dirección da Aragón Film Commission. Como escritor, é autor de novelas de grande éxito, como Donde surgen las sombras e Intruso (ambas Premio Gran Angular), Herejía (Finalista do Premio Hache) ou a triloxía de fantasía gótica La puerta oscura. En Edebé foi finalista do premio de Literatura Infantil con El ladrón de minutos, e gañador do premio de Literatura Xuvenil coa súa novela Descoñecidos en 2018. Con esta nova obra, A cazaría, repite así galardón sete anos despois.