1. INICIO
  2. Autores
  3. AZUCENA ARIAS CORREA
Avatar de AZUCENA ARIAS CORREA

AZUCENA ARIAS CORREA

São Paulo
8 títulos
0 seguidores

Azucena Arias Correa, nada en São Paulo, Brasil, un 6 de xaneiro, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Filla de emigrantes galegos no Brasil, rematou os estudos primarios en Cerdedo e o bacharelato en Pontevedra. É licenciada en Ciencias da Educación, en Psicoloxía e doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais, coa tese Implicacións curriculares e didácticas no ensino das ciencias das concepcións sobre a ciencia e a metodoloxía en alumnado de maxisterio. Traballo por proxectos (Universidade de Vigo, 2012).

É profesora asociada da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus Universitario de Pontevedra. Exerce como mestra e orientadora no CEIP Vilaverde. Membro da asociación de renovación pedagóxica "Colectivo ollo de sapo".

Ten colaborado en Eduga: revista galega do ensino, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Revista Portuguesa de Educação, Boletín das ciencias (ENCIGA), Opción: Revista de Ciencias Humanas y Sociales, Ciéncia & Educação, Enseñanza de las ciencias: revista de investigación y experiencias didácticas, Boletín das ciencias, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, Revista galega de educación...

Ten traballado en proxecto coa perspectiva de xénero na educación e de animación á lectura.

Libros de AZUCENA ARIAS CORREA

A cirurxiá
A cirurxiá
A casa do grilo e da chicharra
A casa do grilo e da chicharra
DEBAIXO DUN PARASOL
DEBAIXO DUN PARASOL
O QUE AGACHA A EQUIPAXE
O QUE AGACHA A EQUIPAXE
A CHAVE NO PEITORIL
A CHAVE NO PEITORIL
A cadela e o óso
A cadela e o óso
O nadal
O nadal
(g).as adiviñas.(propostas para traballar)
(g).as adiviñas.(propostas para traballar)

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego